venres, 2 de maio de 2014

PIPAS DE CABAZA. SEGUEMOS A VER OS PROCESOS DO MUNDO NATURAL

Xa vos comentei que antes das vacacións o ritmo de actividade foi frenético, así que ainda nos queda por contar que aproveitamos a plantar nunhas macetas (porque a horta estaba enchoupada ) as sementes de cabaza que separaramos e deixaramos secar no Samaín. Naquel momento non prestáramos moita atención o que facíamos porque eramos moi pequenos e agora case tampouco. A profe ocurríraselle levar ao patio tódolos trastos para plantar e... caramba como íamos estar quietos co areeiro e os columpios tan preto! ...había tan pouquiñas ocasións de ir xogar fora! Todo mudou cando volvemos das vacacións e a nosa sorpresa foi que tamén naceran aquelas plantiñas. Agora tamén observamos e regamos tódolos días. Menos mal que é tarefa do "axudante" porque senon pobres cabaciñas!
Faltan fotos que quedaron no cole pero ide mirando estas...



1 comentario:

  1. Con razón dicía o meu fillo que plantaran as pipas 'no campo onde xogan ó fútbol os maiores'... Jajaja! Agora a esperar a que crezcan. Váiselles facer longa a espera!

    ResponderEliminar